Protección contra o lobo

Indi entre as cabras
Rula
volver

Protección contra o lobo

Moito se ten falado da convivencia coa fauna salvaxe e moitas discusións acabaron mal entre ecoloxistas, administración e gandeiros. En Galicia a presenza do lobo e/ou cans asilvestrados está asegurada en todo o territorio e iso fai que os gandeiros teñan que tomar medidas. En Beealia deseñamos todo un sistema de protección contra estes e outros animais como o raposo e o visón que supoñen un perigo para os nosos animais.

Como vedes na foto, un dos sistemas empregados é o uso de cans mastíns. Neste caso Indi e Rula, que conviven as 24 horas do día e os 365 días do ano co rabaño de cabras de La Cabreta. Os cans séntense parte do rabaño e non actuarán a non ser que haxa perigo para o rabaño, os mastíns son animais moi pacíficos. É unha relación especial, difícil de comprender si non se vive en directo, día a día.

Para comprendelo mellor, os participantes de Xantar na Granxa poderán ver e comprender como se comportan os nosos cans.

FEADER 3VASES: WEB, VoIP, DISEO