Por ir abrindo o apetito

Paleta de año rechea
volver

Por ir abrindo o apetito

Achégase o 6 de xullo e estamos cos últimos preparativos do primeiro Xantar na Granxa que organizamos en Beealia. Poñede a punto tódolos vosos sentidos para unha xornada de gastronomía, natureza, paseo, música, parola, gandería e... comunidade!

E, por isto de ir abrindo o apetito, podedes enche-lo ollo cunha paletiña de año rechea con arroz aromatizado. Amosámosvos o resultado da receita que J.Mª Blasi elaborou cos nosos produtos fai un tempo e que será unha das que el mesmo nos presente o vindeiro Sábado. Gustaríache probar, verdade? Aínda estás a tempo de reservar a túa praza, chamando ó 619 593 558 ou enviando un correo electrónico a beealia@gmail.com

FEADER 3VASES: WEB, VoIP, DISEO