Presentación de Cordeiro & Cabrito Atlántico

Cordeiro & Cabrito Atlántico
volver

Presentación de Cordeiro & Cabrito Atlántico

Beealia presenta este xoves as súas marcas de calidade Cordeiro e Cabrito Atlántico en Xantar. O selo irá destinado á carne de calidade, criada en base a pastos e de xeito sustentable.

O grupo de gandeiros de ovino e cabrún integrados en Beealia, presentará as súas marcas de calidade CORDEIRO e CABRITO ATLÁNTICO este xoves 5 de marzo ás 14:15 en Xantar -Salón Internacional de Turismo Gastronómico- de Ourense. A presentación será da man de Álvaro Villasante, cociñeiro do Grupo Nove.

Carne saudable, sostible e próxima

Trátase do primeiro selo de calidade existente en Galicia para o cabrito e o cordeiro criado no país. O xerente de Beealia, Joan Alibés, salienta que “a carne de Cordeiro e Cabrito Atlántico é saudable, sostible e próxima. Isto é así porque conta con máis vitamina E, menos graxa e mellor perfil de ácidos graxos esenciais omega 3 e 6; é respectuosa e boa para a súa contorna polo sistema de produción en base a pasto e próxima pola relación directa co produtor”.
E é que a venda faise directamente do gandeiro ao consumidor a través da páxina de Beealia.

Esixencias do selo Cordeiro e Cabrito Atlántico

Beealia esixe seguir o mesmo sistema de produción das súas ganderías: animais criados en liberdade e dun xeito sostible e cordeiros e cabritos alimentados en base a pasto e leite, e posto directamente e de inmediato a disposición do consumidor. “Controlamos a nosa carne, asegurando a súa calidade e trazabilidade, dende os pastos ata que chega ós nosos clientes”, asegura Joan Alibés.

A presenza de Álvaro Villasante, cociñeiro do restaurante Paprica de Lugo e integrante do Grupo Nove, neste showcooking invita a descubrir as posibilidades culinarias das carnes de Cordeiro e Cabrito Atlántico.

FEADER 3VASES: WEB, VoIP, DISEO