As nosas carnes

volver

As nosas carnes

Dende Beealia ofrecémosche unhas carnes moi singulares. Trátanse de productos frescos,  sen conxelación, que pasan directamente dos pastos  ao consumidor, por iso non está dispoñible durante todo o ano, só durante finais de primavera e verán, que é a época na que na nosa zona temos abundante herba.

As carnes de Beealia caracterízase por un sabor especial, froito do seu sistema de crianza. Ideal para momentos nos que queiras unha carne deliciosa e diferente á vez.

Adaptámonos ás túas necesidades, presentándoche as nosas carnes de dous xeitos:

CABRITO CORDEIRO
Cabrito enteiro: 7-8 kg Cordeiro enteiro: 8-10 kg
Medio cabrito: 3,5-4 kg Medio cordeiro: 4-5 kg

Para facilitar o cociñado, ofrecémosche dúas presentacións:

Corte básico

Con paletillas e xamóns marcados e o chuleteiro partido á metade.

   

Corte completo

Coas paletillas e xamóns marcados, e as chuletiñas feitas

Calquera variante é posible, preparámoscha á túa medida, sempre indicándoo no momento de facer o teu pedido.

Se pides unha canal podes mercar tamén a casquería.

Envasamos a carne ó baleiro, e a mantemos en frío durante o seu transporte, así nos aseguramos que a súa calidade chegue intacta á túa casa.

FEADER 3VASES: WEB, VoIP, DISEO