Manual técnico de manexo da IXP Ternera Gallega

Manual técnico de manexo da IXP Ternera Gallega

I+D+i

GRUPO OPERATIVO GRASS2BEEF
(2023-25)

Proxecto liderado por Beealia e coa participación do CTC e do CIAM preténdese afondar sobre os sistemas de cebo de xatos para a redución do consumo de penso na produción de vacún de carne en Galicia.
Testaremos diferentes sistemas de cebo e analizaremos os resultados de acabado para obter recomendacións para os sistemas de manexo extensivo neste sector.

Pastando en Rede

Pastando en Rede

I+D+i

DIAGNOSI ACTUAL SOBRE LES PASTURES, LA RAMADERIA EXTENSIVA I LA CÀRREGA RAMADERA DEL PARC NATURAL DEL CADÍ-MOIXERÓ I PROPOSTES DE FUTUR
(2022)

Estudo da gandería extensiva dentro do Parc Natural del Cadí-Moixeró. Unha gran oportunidade para coñecer este paraxe excepcional no corazón do Pirineo Catalán.

mapaParcNatural

Grupo Operativo Grass2Beef

Grupo Operativo Grass2Beef

I+D+i

MANUAL DE SISTEMAS DE MANEXO E ALIMENTACIÓN EN TERNERA GALLEGA SUPREMA (2022)

Traballo en colaboración co CIAM no que se afonda nos sistemas de alimentación para a cría e o cebo de xatos entro da IXP Ternera Gallega na súa denominación de Suprema.

Proxecto de peches contra o lobo

Proxecto de peches contra o lobo

I+D+i

MEDIDAS PREVENTIVAS DA PREDACIÓN DO GANDO PARA A CONVIVENCIA CO LOBO EN GALICIA (2021-23)

"Investigamos solucións efectivas contra os ataques de lobos, con sistemas de peches innovadores que están a captar o interese de comunidades e expertos a nivel europeo."

Proxecto liderado polo Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM-AGACAL) no que participaron ARENA SL, a Universidade de Oviedo, AGCT e Beealia xunto con 20 ganderías colaboradoras.

O proxecto tivo como obxectivo testar 3 tipos de peche electrificado con 10 repeticións de cada un deles (ver esquemas na páxina seguinte). Nos peches, de 200 m de perímetro, situáronse 3 ovellas, e avaliouse a súa efectividade para evitar os ataques de lobo ao longo dun ano durante as 24 horas do día. Tamén se calculou o custe de instalación dos tres tipos de peches, así coma o tempo dedicado á roza e mantemento dos mesmos.

Así mesmo, empregáronse cámaras de fototrampeo para a supervisión dos peches. Os 30 peches situáronse en 20 ganderías colaboradoras espalladas por toda Galicia.
Os resultados indican que os tres peches testados teñen unha alta efectividade. Na maior parte das ganderías non houbo ataques durante o ano de estudo. Aínda así, houbo ataques nos tres tipos de peche.

Dende Beealia a participación neste proxecto permitiunos afondar nos sistemas de prevención, no seu custe de instalación e mantemento para un mellor asesoramento de cara a evitar ataques nos sistemas de gandería extensiva.