QUE TIPOS DE AXUDAS TRAMITAMOS?

A PAC

AGROAMBIENTAIS/ECOLÓXICO

PREVENCIÓN E ATAQUES DE LOBO

INCORPORACIÓNS E PLANS DE MELLORA

OUTRAS

NON PERDAS NINGUNHA

Por qué tramitar con nós?

A PAC

A principal axuda anual que requiren todas as ganderías profesionais e que precisa de atención cada ano, con novidades constantes e requisitos para os que hai que estar preparado.

AGROAMBIENTAIS E ECOLÓXICO

Axudas específicas para ganderías extensivas e ecolóxicas nas que se require dunha entidade de aconsellamento acreditada como Beealia. Menos “papeleo” e visitas “pateando” as túas pradeiras.

iconWolf4

CONVIVENCIA CO LOBO E OSO

Diversas liñas de axuda anuais para protexer o teu gando nas que aportamos a nosa experiencia e coñecementos prácticos, así como o aprendido nos diversos proxectos de innovación que temos realizado.

iconoGranjeroBeealia

INCORPORACIÓNS E PLANS DE MELLORA

Para planificar o teu proxecto de futuro estas axudas poden ser imprescindibles. Para iso revisaremos a túa estratexia, sistema de manexo e mellores alternativas para afrontar o futuro da túa gandería.

OUTRAS AXUDAS

Estamos atentos por ti de outras axudas, de outras administracións que tamén poden ser de interese para a túa gandería.

FORMACIÓN A GANDEIRO/AS

ACHEGÁMONOS A TÍ

Realizamos todo tipo de accións formativas (xornadas, cursos, viaxes, visitas,...) por toda Galicia, achegando coñecemento práctico a cada tipo de gandería.

Séguenos en FB/Instagram para estar ao día das datas dos vindeiros cursos!

Se estás pensando en organizar un curso ou precisas información contacta con nós

formacionImagen1

PROXECTO I+D+i

PENSAMOS NO FUTURO

Participamos naqueles proxectos que supoñen innovacións aplicables ao día a día, que supoñen un avance nos sistemas de produción e no rendemento económico das ganderías.

Lideramos ou participamos en varios proxectos en colaboración cos principais centros de investigación e universidades de Galicia, aquí podes ver os máis destacados.

imagenCarrusel3

Estudo Medidas Preventivas

vaca1

Manual Ternera Gallega Superma

mapaParcNatural

Diagnosi Ramadera Parc Natural CADÍ-MOIXERÓ

fotoBeealia5

Pastando en Rede

imaxeGrupooperativoBeealia

Grupo Operativo GRASS2BEEF (2023-2025)

COLABORAMOS

NON ESTAMOS SÓS

Participamos e colaboramos con outras entidades tanto a nivel galego coma a nivel español para estar ao corrente das novidades do sector, participar en proxectos de innovación e achegar solucións a través dunha rede de coñecemento e intercambio de información que chega ata a túa gandería.

initiative-homme-faune-sauvage_600x600
logoCiamAgacal
logo_grupo_grande1
logoAsociacionApicola

A NOSA GANDERÍA

LA CABRETA

Porque tamén somos gandeiros e sabemos do que asesoramos. Poñemos en práctica novas técnicas de manexo en ovino extensivo e en ecolóxico. Testamos novas medidas de prevención de ataques de lobo. Realizamos cursos de formación práctica e colaboramos coa USC na formación dos futuros veterinarios.

Financiado por el Programa KIT Digital. Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia de España “Next Generation EU»

Abrir chat
Escanea el código
Ola!
Tes dúbidas? Escríbenos agora por WhatsApp e resolveremos as túas preguntas!