ASESORAMENTO E XESTIÓN
O TEU SOCIO ESTRATÉXICO PARA MELLORAR E MEDRAR
Achegámonos á túa gandería cunha visión integral, aportando os nosos coñecementos nunha visión global para un asesoramento estratéxico.
“Cara onde quero ir na miña gandería?”
Tamén estamos recoñecidos como Entidade de Aconsellamento e Xestión (EAX_16_065) de cara á xestión das axudas agroambientais e ecolóxico.
NON PERDAS NINGUNHA
Por qué tramitar con nós?
A PAC
A principal axuda anual que reciben todas as ganderías profesionais e que precisa de atención cada ano, con novidades constantes e requisitos para os que hai que estar preparado.
AGROAMBIENTAIS E ECOLÓXICO
Axudas específicas para ganderías extensivas e ecolóxicas nas que se require dunha entidade de aconsellamento acreditada como Beealia. Menos “papeleo” e visitas “pateando” as túas pradeiras.
CONVIVENCIA CO LOBO E OSO
Diversas liñas de axuda anuais para protexer o teu gando nas que aportamos a nosa experiencia e coñecementos prácticos, así como o aprendido nos diversos proxectos de innovación que temos realizado.
INCORPORACIÓNS E PLANS DE MELLORA
Para planificar o teu proxecto de futuro estas axudas poden ser imprescindibles. Para iso revisaremos a túa estratexia, sistema de manexo e mellores alternativas para afrontar o futuro da túa gandería.
OUTRAS AXUDAS
Estamos atentos por ti de outras axudas, de outras administracións que tamén poden ser de interese para a túa gandería.
FORMACIÓN A GANDEIRO/AS
ACHEGÁMONOS A TÍ
Realizamos todo tipo de accións formativas (xornadas, cursos, viaxes, visitas,...) por toda Galicia, achegando coñecemento práctico a cada tipo de gandería.
Séguenos en FB/Instagram para estar ao día das datas dos vindeiros cursos!
Se estás pensando en organizar un curso ou precisas información contacta con nós

PROXECTO I+D+i
PENSAMOS NO FUTURO
Participamos naqueles proxectos que supoñen innovacións aplicables ao día a día, que supoñen un avance nos sistemas de produción e no rendemento económico das ganderías.
Lideramos ou participamos en varios proxectos en colaboración cos principais centros de investigación e universidades de Galicia, aquí podes ver os máis destacados.
COLABORAMOS
NON ESTAMOS SÓS
Participamos e colaboramos con outras entidades tanto a nivel galego coma a nivel español para estar ao corrente das novidades do sector, participar en proxectos de innovación e achegar solucións a través dunha rede de coñecemento e intercambio de información que chega ata a túa gandería.
Financiado por el Programa KIT Digital. Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia de España “Next Generation EU»
