AXUDAS Á CONVIVENCIA CO LOBO
Todos os animais que saen a pacer están expostos a ataques de lobo e outra fauna salvaxe. Isto supón un reto diario na protección do noso gando para poder convivir cos mínimos danos posibles. Coas diferentes liñas de axudas á prevención de ataques, á construción de peches e ao pago dos danos estase devolvendo parte do que nos custa convivir co lobo. Asesorámosche para que poidas poñer en práctica aquelas medidas máis adaptadas ao teu manexo e tramitamos aquelas axudas que precises.
Impulsando a innovación e a sostibilidade na gandería extensiva
Beealia é un equipo de técnicos dedicados a impulsar a gandería extensiva en Galicia a través dos seus servizos de asesoramento, tramitación de axudas, formación continua para gandeiros/as e a participación en proxectos de I+D+i.
Ofrecemos un seguimento integral da túa gandería acompañándote no proceso de inicio, crecemento e transformación do teu proxecto.
A nosa vocación é achegar as técnicas de manexo e as estratexias produtivas que mellor se adapten ao teu proxecto de futuro. Para iso participamos activamente no sector para innovar e liderar aqueles proxectos que poden aportar melloras importantes para a túa gandería.
SOMOS
ASESORAMENTO COMO ESTRATEXIA DE FUTURO
Beealia é o teu socio estratéxico para un asesoramento integral e personalizado que te acompaña no progreso da túa gandería.
Asesorámoste para conseguir os teus obxectivos.
Beealia está recoñecida como entidade de aconsellamento e xestión (EAX_16_065) para ganderías que buscan un seguimento integral e cumprimento dos requisitos das axudas agroambientais e ecolóxico.
O noso enfoque é un asesoramento estratéxico para acompañarte nas decisións importantes da túa gandería tendo en conta os teus obxectivos de futuro.
PENSAMOS NO FUTURO
PROXECTO I+D+i
Participamos naqueles proxectos que supoñen innovacións aplicables ao día a día, que supoñen un avance nos sistemas de produción e no rendemento económico das ganderías.
Lideramos ou participamos en varios proxectos en colaboración cos principais centros de investigación e universidades de Galicia, aquí podes ver os máis destacados.
A nosa Gandería
A gandería La Cabreta nace da inquedanza e o amor pola gandería extensiva e ecolóxica. Nace cunha clara vontade de formación e experimentación para que sirva como punto de encontro entre gandeiros do sector ovino galego.
Raza Texel
Dentro das razas cárncias esta é a mellor adaptada ao clima galego e ao sistema de producción extensivo en vase a pastos de calidade. Cuns crecementos elevados e unha gran aptitude para a transformación de herba en carne.
Cursos prácticos
Realizamos anualmente cursos prácticos de ecografías e de partos en colaboración coa Facultade de Veterinaria coa que temos asinado un convenio de colaboración.
ACHEGÁMONOS A TÍ
FORMACIÓN GANDEIROS/AS
Cada ano realizamos cursos de formación por toda Galicia, achegando os coñecementos nos distintos sectores produtivos para que poidas mellorar a túa gandería e tamén compartir con outras persoas e tecer unha rede de apoio na nosa comunidade.
NON ESTAMOS SOLOS
COLABORACIÓNS
Participamos e colaboramos con outras entidades tanto a nivel galego coma a nivel español para estar ao corrente das novidades do sector, participar en proxectos de innovación e achegar solucións a través dunha rede de coñecemento e intercambio de información que chega ata a túa gandería.