AGROAMBIENTAIS / ECOLÓXICO

Cada 5 anos aproximadamente saen as axudas agroambientais e ecolóxico. Dúas liñas importantes para a viabilidade económica das ganderías e que necesitan de planificación pola súa complexidade e polos seus compromisos, que se estenden durante varios anos.

Impulsando a innovación e a sostibilidade na gandería extensiva

Beealia é un equipo de técnicos dedicados a impulsar a gandería extensiva en Galicia a través dos seus servizos de asesoramento, tramitación de axudas, formación continua para gandeiros/as e a participación en proxectos de I+D+i.

Ofrecemos un seguimento integral da túa gandería acompañándote no proceso de inicio, crecemento e transformación do teu proxecto.

A nosa vocación é achegar as técnicas de manexo e as estratexias produtivas que mellor se adapten ao teu proxecto de futuro. Para iso participamos activamente no sector para innovar e liderar aqueles proxectos que poden aportar melloras importantes para a túa gandería.

SOMOS

ASESORAMENTO COMO ESTRATEXIA DE FUTURO

Beealia é o teu socio estratéxico para un asesoramento integral e personalizado que te acompaña no progreso da túa gandería.

Asesorámoste para conseguir os teus obxectivos.
Beealia está recoñecida como entidade de aconsellamento e xestión (EAX_16_065) para ganderías que buscan un seguimento integral e cumprimento dos requisitos das axudas agroambientais e ecolóxico.

O noso enfoque é un asesoramento estratéxico para acompañarte nas decisións importantes da túa gandería tendo en conta os teus obxectivos de futuro.

 

PENSAMOS NO FUTURO

PROXECTO I+D+i

Participamos naqueles proxectos que supoñen innovacións aplicables ao día a día, que supoñen un avance nos sistemas de produción e no rendemento económico das ganderías.

Lideramos ou participamos en varios proxectos en colaboración cos principais centros de investigación e universidades de Galicia, aquí podes ver os máis destacados.

A nosa Gandería

A gandería La Cabreta nace da inquedanza e o amor pola gandería extensiva e ecolóxica. Nace cunha clara vontade de formación e experimentación para que sirva como punto de encontro entre gandeiros do sector ovino galego.

Raza Texel

Dentro das razas cárncias esta é a mellor adaptada ao clima galego e ao sistema de producción extensivo en vase a pastos de calidade. Cuns crecementos elevados e unha gran aptitude para a transformación de herba en carne.

Cursos prácticos

Realizamos anualmente cursos prácticos de ecografías e de partos en colaboración coa Facultade de Veterinaria coa que temos asinado un convenio de colaboración.

ACHEGÁMONOS A TÍ

FORMACIÓN GANDEIROS/AS

Cada ano realizamos cursos de formación por toda Galicia, achegando os coñecementos nos distintos sectores produtivos para que poidas mellorar a túa gandería e tamén compartir con outras persoas e tecer unha rede de apoio na nosa comunidade.

NON ESTAMOS SOLOS

COLABORACIÓNS

Participamos e colaboramos con outras entidades tanto a nivel galego coma a nivel español para estar ao corrente das novidades do sector, participar en proxectos de innovación e achegar solucións a través dunha rede de coñecemento e intercambio de información que chega ata a túa gandería.

logoCiamAgacal
logoAsociacionApicola