INCORPORACIÓNS E PLANS DE MELLORA
Tes ganas de arrancar unha gandería? Tes un proxecto e non tes claro como levalo adiante? A túa familia ten gando e queres darlle unha volta para ver como encaixas nese proxecto?
Para arrancar un proxecto o importante é ter claros os obxectivos, fixar unhas metas e trazar un camiño para percorrer.
Grazas ao asesoramento estratéxico de Beealia poderás debuxar o camiño a percorrer nos vindeiros anos:
– Sistemas de manexo extensivo/ecolóxico
– Adaptación aos teus condicionantes (a gandería ten que adaptarse ás persoas que a dirixen)
– Gando (especie, raza, …)
– Sistema de reprodución
– Plan Sanitario
– Estudo de mercado de cara á comercialización da túa produción
– Estratexia de axudas, pasos a seguir para ir encadeando as axudas para sacarlles o maio proveito
Impulsando a innovación e a sostibilidade na gandería extensiva
Beealia é un equipo de técnicos dedicados a impulsar a gandería extensiva en Galicia a través dos seus servizos de asesoramento, tramitación de axudas, formación continua para gandeiros/as e a participación en proxectos de I+D+i.
Ofrecemos un seguimento integral da túa gandería acompañándote no proceso de inicio, crecemento e transformación do teu proxecto.
A nosa vocación é achegar as técnicas de manexo e as estratexias produtivas que mellor se adapten ao teu proxecto de futuro. Para iso participamos activamente no sector para innovar e liderar aqueles proxectos que poden aportar melloras importantes para a túa gandería.
ASESORAMENTO COMO ESTRATEXIA DE FUTURO
Beealia é o teu socio estratéxico para un asesoramento integral e personalizado que te acompaña no progreso da túa gandería.
Asesorámoste para conseguir os teus obxectivos.
Beealia está recoñecida como entidade de aconsellamento e xestión (EAX_16_065) para ganderías que buscan un seguimento integral e cumprimento dos requisitos das axudas agroambientais e ecolóxico.
O noso enfoque é un asesoramento estratéxico para acompañarte nas decisións importantes da túa gandería tendo en conta os teus obxectivos de futuro.