LA CABRETA

fondoAsesoramento2

A NOSA GANDERÍA

Beealia forma parte do sector gandeiro apostando pola gandería extensiva e ecolóxica (en transición) de ovino de carne. Para iso temos un rabaño de 100 ovellas de raza Texel adicadas á implantación de novas técnicas de manexo que nos permite realizar cursos de formación específicos para este sector.

GANDERÍA EXTENSIVA E ECOLÓXICA

A nosa gandería é completamente extensiva, carecendo de instalacións fixas cos animais permanentemente no pasto, as 24 h do día os 365 días do ano. Producimos cordeiros e cordeiras de raza Texel criados en base a pasto (con nula ou moi pouca suplementación de cereal).

Formamos parte do MAPA de ganderías certificadas pola Plataforma por la Ganadería Extensiva y el Pastoralismo.

Estamos no período de transición para a certificación da produción en ecolóxico por parte do CRAEGA.

A RAZA TEXEL

A raza de ovella Texel é orixinaria da illa co mesmo nome situada en Holanda. Na gandería traballamos coas antigas liñas francesas, moi adaptadas á produción en base a pasto. Caracterízase por ser unha raza cárnica con excelentes aptitudes maternais e totalmente adaptada ao clima atlántico e aos pastos que medran grazas a el.

Pertenecemos á Asociación de Criadores de Oveja Texel (ACOT) e colaboramos co CIAM no estudo e difusión desta raza.

FORMACIÓN PARA GANDEIROS/AS

Con máis de 15 anos e experiencia no sector, realizamos cursos de formación para gandeiros/as de ovino e cabrún.

COLABORAMOS

NON ESTAMOS SÓS

Participamos e colaboramos con outras entidades tanto a nivel galego coma a nivel español para estar ao corrente das novidades do sector, participar en proxectos de innovación e achegar solucións a través dunha rede de coñecemento e intercambio de información que chega ata a túa gandería.

initiative-homme-faune-sauvage_600x600
logoCiamAgacal
logo_grupo_grande1
logoAsociacionApicola