CURSOS DE FORMACIÓN CONTINUA PARA GANDEIROS/AS
Queres participar nun dos nosos cursos?
Cada ano realizamos cursos de formación por toda Galicia, achegando os coñecementos nos distintos sectores produtivos para que poidas mellorar a túa gandería e tamén compartir con outras persoas e tecer unha rede de apoio na nosa comunidade.
SEGUE AQUÍ AS DATAS DAS NOSAS ACTIVIDADES
Queres organizar un curso ou unha xornada técnica?
Se estás pensando en organizar unha formación para un grupo de gandeiros/as contacta con nós e deseñaremos a actividade que máis se adapta ás vosas necesidades. Cursos, xornadas, prácticas, demostracións, visitas, viaxes técnicas, …
Aquí podes ver algúns dos cursos con máis éxito:
Algúns exemplos
Podes ver aquí algúns dos cursos e xornadas que temos organizado ou nas que temos participado nos últimos anos.






