AXUDAS Á CONVIVENCIA CO LOBO

Todos os animais que saen a pacer están expostos a ataques de lobo e outra fauna salvaxe. Isto supón un reto diario na protección do noso gando para poder convivir cos mínimos danos posibles.

Coas diferentes liñas de axudas á prevención de ataques, á construción de peches e ao pago dos danos estase devolvendo parte do que nos custa convivir co lobo.

Asesorámosche para que poidas poñer en práctica aquelas medidas máis adaptadas ao teu manexo e tramitamos aquelas axudas que precises.

imaxenPrevencionLobos
imaxenPrevencionLoboBeealia3

Impulsando a innovación e a sostibilidade na gandería extensiva

Beealia é un equipo de técnicos dedicados a impulsar a gandería extensiva en Galicia a través dos seus servizos de asesoramento, tramitación de axudas, formación continua para gandeiros/as e a participación en proxectos de I+D+i.

Ofrecemos un seguimento integral da túa gandería acompañándote no proceso de inicio, crecemento e transformación do teu proxecto.

A nosa vocación é achegar as técnicas de manexo e as estratexias produtivas que mellor se adapten ao teu proxecto de futuro. Para iso participamos activamente no sector para innovar e liderar aqueles proxectos que poden aportar melloras importantes para a túa gandería.

ASESORAMENTO COMO ESTRATEXIA DE FUTURO

Beealia é o teu socio estratéxico para un asesoramento integral e personalizado que te acompaña no progreso da túa gandería.

Asesorámoste para conseguir os teus obxectivos.
Beealia está recoñecida como entidade de aconsellamento e xestión (EAX_16_065) para ganderías que buscan un seguimento integral e cumprimento dos requisitos das axudas agroambientais e ecolóxico.

O noso enfoque é un asesoramento estratéxico para acompañarte nas decisións importantes da túa gandería tendo en conta os teus obxectivos de futuro.

 

PROXECTOS I+D+i

PENSAMOS NO FUTURO

Participamos naqueles proxectos que supoñen innovacións aplicables ao día a día, que supoñen un avance nos sistemas de produción e no rendemento económico das ganderías.

Lideramos ou participamos en varios proxectos en colaboración cos principais centros de investigación e universidades de Galicia, aquí podes ver os máis destacados.

mapaParcNatural

Rede de Ganderías Extensivas pola coexistencia co Lobo Ibérico

miniaturaPastandoEnRede

Grupo Operativo GRASS2BEEF (2023-2025)

mapaParcNatural

Diagnosi Ramadera Parc Natural CADÍ-MOIXERÓ

miniaturaPastandoEnRede

Pastando en Rede

imaxenPecheLobo

Estudo Medidas Preventivas

vacunCarneCurso

Manual Ternera Gallega Suprema

LA CABRETA

A NOSA GANDERÍA

Porque tamén somos gandeiros e sabemos do que asesoramos. Poñemos en práctica novas técnicas de manexo en ovino extensivo e en ecolóxico. Testamos novas medidas de prevención de ataques de lobo. Realizamos cursos de formación práctica e colaboramos coa USC na formación dos futuros veterinarios.

FORMACIÓN A GANDEIRO/AS

ACHEGÁMONOS A TÍ

Realizamos todo tipo de accións formativas (xornadas, cursos, viaxes, visitas,...) por toda Galicia, achegando coñecemento práctico a cada tipo de gandería.

Séguenos en FB/Instagram para estar ao día das datas dos vindeiros cursos!

instaIcon

Se estás pensando en organizar un curso ou precisas información contacta con nós

formacionImagen1

COLABORAMOS

NON ESTAMOS SÓS

Participamos e colaboramos con outras entidades tanto a nivel galego coma a nivel español para estar ao corrente das novidades do sector, participar en proxectos de innovación e achegar solucións a través dunha rede de coñecemento e intercambio de información que chega ata a túa gandería.

initiative-homme-faune-sauvage_600x600
logoCiamAgacal
logo_grupo_grande1
logoAsociacionApicola