Rede de Ganderías Extensivas pola coexistencia co Lobo Ibérico

En colaboración coa Asociación Galega pola Gandería Extensiva, Beealia participa neste proxecto financiado pola Fundación Príncipe Alberto II de Mónaco a través da Iniciativa Humanidad y Fauna Silvestre.

Os obxectivos do proxecto son:
1 – Establecer unha rede de ganderías nas que se realizará un asesoramento sobre prevención de ataques de lobo.
2 – Definir un sistema de asesoramento pautado e adaptado ás diferentes tipos de ganderías.
3 – Comunicar e divulgar os resultados das experiencias das ganderías da Rede.

Estase a traballar cun grupo de ganderías extensivas en Galicia para propoñer modelos de exemplo de convivencia co lobo.